O BNG traizoa a Galicia
Que cada vez máis galegos sabemos que o BNG non é máis que un chiringuito de advenedizos xa estaba claro: un grupo de trepas que usan esta nación e unha das linguas que falamos como escusa, ou coartada, para os seus intereses persoais, onde as súas bases e o seu electorado non son máis que os paganini necesarios para manter o seu negocio, os peóns do seu taboleiro de xadrez. O último exemplo é particularmente indignante.
O BNG arremeteu contra o Presidente de Galicia, Emilio Pérez Touriño, cando este se plantou fronte ao modelo de financiamento das Comunidades autónomas que Cataluña quere impor ás demais.
Como di Mar Barcón, Secretaria de Organización do PSdeG, “cada euro que vai á o modelo catalán é un euro menos para Galicia”. O BNG traizóanos aos galegos porque o seu apoio ás reivindicacións da Xeneralidade de Cataluña supón adherirse a un modelo de financiamento que prexudica a Galicia. Así, o BNG subordina a defensa dos intereses de Galicia ao que se lle ordene desde Galeuscat, federación de partidos nacionalistas controlada polas formacións dereitistas CIU e PNV.






