El autor

Me llamo José-Luis Prieto, nací en Madrid en 1973, soy abogado y consultor, desde 2007, tengo familia, ingresos, vivienda y compromisos en Móstoles y La Coruña.
Soy demócrata y socialista libertario, por ese orden. Creo que la libertad debe ser efectiva para todos, que hay que garantizar la igualdad absoluta de derechos y oportunidades, y que el ser humano es social por naturaleza.

Archivo: Febrero 2009

Pepe Blanco, con bo criterio, o sábado en Bertamiráns

Hai dous bloggers galegos, chámanse Pepe e Mar, que son dous tipos con criterio, con bo criterio: ambos recomendan este blog ligándoo desde os seus. Tan bo criterio foi recompensado, con posterioridade a deixar feita dita recomendación, polos Secretarios Xerais do PSOE e do PSdeG, quen así demostraron o seu propio bo criterio, propoñéndolles, respectivamente, para Vicesecretario Xeral federal e Secretaria de Organización en Galicia.

Así que se vostede ten un blog, e ademais bo criterio, non esqueza ligalo co meu, que así algún día podería gozar da marabillosa experiencia de intervir, como eles máis o meu tocayo Méndez Romeu (Conselleiro do Goberno da Xunta) e Carlos Fernández (Alcalde de Ames), nun mitin como o que teremos no Polideportivo de Bertamiráns este sábado a partir das 20:00 h., para axudar a que Touriño sexa reelexido Presidente de Galicia.

Pepe Blanco en Bertamiráns

La Campaña Basura del agente 009


Só Touriño pode

PodendoDentro de só un mes serán as Eleccións autonómicas en Galicia, inapropiadamente coñecidas como “Eleccións de marzo”. E digo inapropiadamente porque só durante o presente mes de febreiro as demáis candidaturas se confrontarán ao Programa do PSdeG, pois só durante este mes de febreiro terá lugar a campaña electoral. Ata a xornada de reflexión será neste mes de febreiro. Non son as Eleccións de marzo.

E son, xunto ás do País Vasco, que tamén se celebrarán o 1 de marzo, as primeiras eleccións que se celebran en España non só desde que eclosionó a actual recesión mundial, que tamén, senón ademais desde que eclosionó a nova forma de facer política que, en efecto fervenza, desde Estados Unidos está irrigando o resto do mundo occidental.

Unha nova forma que se encarna nas seguintes palabras que pronunciou Barack Obama na súa toma de posesión:

Hoxe estamos aquí porque escollemos a esperanza por encima do medo, o propósito común por encima do conflito e a discordia.

Hoxe vimos aquí a proclamar o fin das disputas mesquiñas e as falsas promesas, as recriminacións e os dogmas gastados que durante tempo sufocaron a nosa política.

Obxectivamente, dos candidatos que se presentan só Touriño encarna a esperanza e o propósito común, e iso os galegos sabémolo.

Repasen a traxectoria política dos demais candidatos, e respontanse sinceramente se as alternativas á esquerda e á dereita de Touriño, se as alternativas nacionalistas (española e galega, excluíntes), se están baseadas no medo, o conflito, a discordia, as disputas mesquiñas e as falsas promesas, as recriminacións e os dogmas gastados, ou se non.

Touriño pode dicirnos: “Si, podemos”.

  • Google

Artículos recientes

Últimos comentarios

Los más comentados

Mis compromisos

  • No hay socialismo sin revolución
  • Adopta animales abandonados
Creative Commons License