A desvergoña de ‘El Mundo’
O pasado 12 de xaneiro, o tabloide ‘El Mundo’ publicou, a páxina completa e na súa edición nacional en papel, para toda España, a “noticia” da presentación dunha denuncia por delito urbanístico respecto dunha urbanización construída, presuntamente violando a Lei, na Illa de Arousa.
Denunciar é fácil, sobre todo se se fai ante a Fiscalía, co que se evita incorrir na tipificación de “denuncia falsa”: calquera pode denunciar calquera cousa, que “o papel aguántao todo”.
Onte sóubose, por outros medios, que aquela denuncia fora arquivada, porque “non obedece a unha confabulación prevaricadora, nin tampouco se pode deducir a existencia de ningún delito”.
Hoxe, o tabloide ultradereitista o oculta aos lectores do seu papel.
Así, a día de hoxe, o único que coñecen os lectores de ‘El Mundo’ é que os socialistas estamos denunciados pola vía penal. Aínda que xa non o estamos. Aínda que non se ha desvirtuado a nosa presunción de inocencia. Os últimos coletazos dunha manipulación chamada “VillaPSOE”.
Publican meras denuncias, e non publican a tramitación que se lle dá cando non responde aos intereses electorais do seu brazo político. Un síntoma máis para identificar o “xornalismo lixo”.
Que noxo!









Deje un comentario