Aserrín, aserrán o sorteo de San Xoan…
É tempo de sorteos especiais de todo tipo de loterías, a de San Xoan xa se canta nos medios de comunicación; e aínda que non pasou o verán, en nada lembraremos ao calvo do nadal, que haberá 3 anos que nos deixou.
Entre tanto imos facendo os contos da leiteira, e mentres nós berramos polo aumento do prezo da electricidade noutros lugares do mundo non teñen que botar ao bandullo.
O resultado sorprendente do cumio da FAO, debe ser consecuencia do incio dos sorteos, en Roma decidiron investirse do espíritu navideño e deixarse levar por ensoños propios do que espera o gordo da lotería. O problema é que a FAO quere ser algo así coma “Loterías do Estado” e os que morren de fame, que deberían mercar uns décimos, non teñen con que mercar a súa participación.
A proposta estrela deste cumio foi a de tentar de reducir, á metade, o número de persoas desnutridas no mundo alá polo 2015, ¿pero poderán esperar eles?.
Desde logo moi ambiciosos non foron, e o que non fixeron axeitadamene foi cumprir co obectivo desta xuntanza, que non era outro que analizar as causas da “fame “: a crise alimentaria, ao agro mundial, e a incidencia no cambio climático.
Pero preferiron coller os boletos da lotería e soñar, a enfrontarse aos cidadáns dos seus paises, pois na situación económica actual suporía un risco para acodir ás furnas. ¿Imaxinades a Sarkozy decíndolle aos todopoderosos agricultores galos que vai restrinxir as axudas á agricultura?
Parece que anda solto un andacio de medo ou unha corrente de ultraconservadurismo que remexe no embigo por non mirar arredor…
Todos sabemos que a sequía e as malas colleitas son orixe desta crise, pero que hai outras cousas que neste cúmio só se abordaron de xeito morno, aquelo que é pura responsabilidade dos paises ricos, como a pontencialización dos cultivos agrocombustibles que sustituen aos alimenticios en paises coma Birmania.
É dunha hipocresía digna de enmarcar; está claro que todos demandamos enerxía pero o problema é cando antepoñemos o quilovatio fronte á quilocaloría.






Deje un comentario