Dónde NO votar al BNG
Soy gallego, porque uno es de donde pace y no de donde nace, aunque por no ser nacionalista gallego, ni tener complejos ante ellos, no faltará quien anhelando el apartheid me niegue mi galleguidad. Sigan hasta el final y entenderán la referencia al racismo. Por aquéllo, tras relacionar las circunscripciones electorales donde votar a IU es no votar a la izquierda (y por lo tanto abrirle el paso a la derecha), ahora toca con el BNG.
Como sólo se presenta en las cuatro provincias gallegas, aquí es más fácil: El BNG nunca ha obtenido escaño en las circunscripciones provinciales de Lugo ni Orense en las Elecciones Generales. El voto al BNG en la mitad de las circunscripciones electorales gallegas se pierde, ya que no tiene reflejo en los escaños del Congreso ni del Senado correspondientes a dichas provincias.
Máxime cuando dicha coalición engaña a los bienintencionados que, mayoritariamente, conforman su electorado. Estos nacionalistas cetrífugos se presentan, frente al nacionalismo centrípeto del PP, como opción de izquierdas, y es mentira. No ya porque la izquierda es incompatible con el nacionalismo (aborrezco tanto del españolista como del galleguista), sino porque además en el caso de estos lares, se ha deslizado por el fandangoso terreno del racismo: me entero vía Galiza-Israel que el principal partido del BNG propugna un ordenamiento jurídico basado en la defensa racial.
Parte del BNG, como la mayoría del PP (cosas del nacionalismo), tiene una base fascista. Así que ya sabe: si es de izquierdas, no los vote en ningún sitio.






12/2/2008, 19:51 h.
A explicación da galeguidade do anfitrión, de non soar a falsa, resultaría pintoresca. En canto ao de“sen complexos”…, aquel famoso adaxio latino:“Excusatio non petita accusatio manifestat”.
Para resumir o intríngulis do asunto: Nin unha cousa nin outra. Con toda sinxeleza , JLP non é, e como apenas acaba de chegar aquí, tamén se pode decir que tampouco está de cheo. Pero, sendo benévolos e ben intencionados, imputémoslle o error a unha mala traducción do inglés e deásmoslle ao seu complexo extranxeiril a pouquísima importancia que en si tén; porque o madrileño, a non moito tardar, ha comprender que Galicia é terra de horizontes abertos e noso nacionalismo, acolledor, nada excluínte, razoabilísimo e moi necesario para o país, como esquerda sen ataduras que nós somos.
Prieto pide o voto para os socialista en Lugo e Ourense. Pide. Por pedir… Eu pido, desde xa, para o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO. Da por sentada, o madrileño, a inútilidade do mesmo ao BNG. Disinto. O nacionalismo estivo, neses lares, a punto de acadar representación con anterioridade, véndose frustradas tales aspiracións polos texemanexes do voto cautivo da emigración. Confiemos en que , arestora, con estes novos aires de cambio en Ourense e en Lugo, o PSOE xogue limpo en América e as cousas collan (¿minimamente?) a boa dirección.
En recén desembarcado en Ames tamén pode apoiar, incluso sen querer, ao BNG dicindo o que vostede di.
12/2/2008, 20:25 h.
Os dous últimos parágrafos, JLP, traen unha negatividade ramplona de non coller praza no silabario dos tópicos con maior calentura. Por favor, toma un pouco de altura. ¿Quen minte? Como non sexas ti… ¿Que racismo? ¿Desde cando? Ponte en hora. Semella que ves ler a Pondal. E sen embargo, esa túa sabia ignorancia “da defensa racial”- ti mesmo o dis - provén “vía Galiza-Israel”. Falou Deus das alturas. Non hai máis para onde ir. Discurso rematado e pechado. Home, bebe na fonte limpa. Non alimentes as túas prédicas con disques.
Que o nacionalismo resulta incompatible coa ideoloxía de esquerdas. Polo visto, na túa cabeza pensante, si. Na miña des/pensante, non. Deixo aí o tema. Pero se queres saber máis, doctores tiene la santa madre iglesia que le sabrán responder.
Andas un bocadiño alporizado. Apouviga.
12/2/2008, 20:48 h.
El BNG también censuró “las actitudes violentas” del grupo de estudiantes porque subrayó que “violentar un acto público, sabotear una conferencia, es una práctica incompatible con las reglas más elementales de la democracia y con el necesario respeto al pluralismo político”.
“Ninguna opción política debe ser censurada ni privada del uso de la palabra ni de la posibilidad de expresarse libremente, porque la esencia de la democracia es precisamente el contraste de posiciones distintas que siempre y en todo caso, deben formularse por métodos pacíficos y no violentos”, aseveró el Bloque en un comunicado.
12/2/2008, 21:09 h.
Mal día para a súa lírica, don José Luis Prieto.
Apunta fino coa espingarda de repetición da feira. Conque o BNG, ese socio sempre buscado e sempre preferente, para conformar a maioría de gobernos de esquerda en Galicia, é facha (coma o PP) - Prieto dixit. ¿Vai de oportunismo ou vai de broma?
Dixerir a recomendación de hoxe supón contar cun estómago a proba de bomba e tragadeiras de marca rexistrada.
12/2/2008, 22:03 h.
Sinto vergonza allea de que alguen que presume de galego pida públicamente que se lle negue o voto ó único partido dos que se presentan en Galicia que só pode defender os nosos intereses, e non ceder ó que desde Madrid lle impoñan. Sintoo por vostede.
13/2/2008, 08:50 h.
Puede que alguno de os comentarios de por hecho que todos los galllegos piensan como él. Yo no me siento representado por el BNG, por muchos motivos. Simplemente decir que deberíais leer con más detalle antes de empezar a soltar filosofadas políticas … ya se sabe que en todo español(entre los que incluyo a los gallegos) hay un entrenador, un diseñador y un político.
13/2/2008, 10:17 h.
Así me gusta sr. Prieto, recién llegado a estos lares y hablando de lo que no tiene ni puñetera idea.
Por cierto, ¿sabe usted que en el PSdeG-PSOE somos galleguistas? Porque sino lo sabe ya se acaba de enterar.
Debería usted contrastar sus fuentes de información, porque en lo que respecta al BNG jamás ha defendido un nacionalismo etnicista sino cultural.
Respecto al tema del Holocausto fue, mire usted, el BNG el único partido que presentó en el Parlamento Galego una propuesta de condena en el último aniversario. Con un criterio bastante lógico el BNG exigía que se condenase cualquier forma de genocidio, incluido el que ahora sufre el pueblo palestino, porque de nada sirve condenar el Holocausto y cerrar los ojos ante las masacres actuales.
13/2/2008, 11:00 h.
Luis Valcárcel: Recien llegado a estos lares, no. Llegué a España (estos lares) hace casi 35 años, cuando nací. A no ser que se refiera usted a que para vivir en esta parte de España tenga que lobotomizarme para asumir según qué esquemas mentales distintos a los del resto de España.
Más. Yo critico el nacionalismo galleguista como critico el españolista. Y el PSdeG-PSOE no sólo no es nacionalista -miente usted-, sino que lleva en su denominación la palabra “español”.
Que usted es antisemita ya lo sabíamos. Ahora, además, que es nacionalista gallego. Su sitio es el BNG, está claro. Máxime cuando me afea apoyar a mi Partido (el PSOE, aquí conocido como PSdeG-PSOE) frente a los nacionalistas gallegos antisemitas.
13/2/2008, 11:41 h.
A ver se, cunha información nas fontes limpas deste río, algúns revisan opinións pouco ou nada fundamentadas. Vai polo anfitrión sociata (?).
Sobre o Holocausto’, un artigo de Carlos Aymerich
Santiago de Compostela, 11 Febreiro 08. Polo seu interese, reproducimos o seguinte artigo de Carlos Aymerich, que sairá publicado no diario dixital Vieiros, sobre a polémica xurdida no Parlamento de Galiza en torno á condena do Holocausto e a actual situación en Palestina.
A lembranza do horror dos campos de exterminio nazis e a perseguizón de quen, baixo calquer pretexto, tenten negar a súa realidade histórica ou minimizar as súas consecuencias converteuse nun consenso básico, nun verdadeiro sinal de civilización. O carácter industrial e planificado do exterminio, a súa dimensión, a posta da racionalidade burocrática ao servizo dunha empesa xenocida xunto, sen dúbida, co feito de que se impulsase en Europa e contra europeos por un Estado, o alemán, portador dunha longa e abastada tradición cultural caracterizan o exterminio nazi - principalmente de xudeus, mais tamén de ciganos, soldados e civís dos países ocupados, antifascistas, homosexuais, etc. - frente a outros como, por só citarmos algúns, o que padeceron os armenios, os pobos indíxenas de América ou de África ou, máis recentemente, o pobo cambodiano.
Por esa razón o 1 de Novembro de 2005 a Asamblea Xeral da ONU acordou declarar o 27 de Xaneiro, data da libertazón de Auchswitz, como Día Mundial de Lembranza das Vítimas do Holocausto. Trátase, como a Resolución estabelece, de lle ensinar ás novas xeracións as licións do Holocausto co fin de “axudar a previr actos de xenocidio no futuro”, de rexeitar calquera negación do Holocausto como feito histórico ao tempo que se condea “sen reservas todas as manifestacións de intolerancia religiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou as crenzas religiosas en calquera lugar en que se produzan”. Sabiamente, pois, a ONU evitou facer con esta Resolución un acto particularista ou de simples arqueoloxía histórica. Ben ao contrario: o Holocausto é lembrado como exemplo de negación masiva dos dereitos humanos da que se poden – e se deben – tirar ensinanzas de alcanzo universal. Porque, como lembra a Exposición de Motivos citando a Declaración Universal de Dereitos Humanos, estes pertencen a todas as persoas “sen facer distinción algunha por motivos de raza, relixión ou de ningunha outra índole”.
Xa que logo, á luz da Resolución da Asemblea Xeral da ONU, non só non é inconveniente senón que mesmo resulta obrigado lembrar na conmemoración do Holocausto episodios actuais de negación masiva dos dereitos humanos, sen que tal supoña estabelecer equiparación ou comparación algunha. En Xaneiro de 2008, en plena crise humanitaria en Gaza, sería entendíbel que a conmemoración do Holocausto calase sobre situación deses case dous millóns de homes e de mulleres cercados militarmente? Penso que non. Por iso no curso da Deputación Permanente do Parlamento de Galiza celebrada o pasado 23 de Xaneiro o BNG propuxo aos outros grupos parlamentares a adopción dunha declaración institucional nos termos que seguen, os que xulgamos máis acordes coa Resolución da ONU:
“A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias
Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos”.
Este foi o único texto proposto mais, infelizmente, PP e PSOE negáronse nin tan sequer a discutilo. Uns porque non querían incomodar ao Estado de Israel. Outros porque non entendían necesario aprobar unha nova declaración cando o Holocausto xa fora lembrado o ano anterior.
Remato. Nunha conferencia pronunciada nos Estados Unidos hai cinco anos, Desmond Tutu, declarárase fondamente abalado tras dunha visita realizada á por el denominada Terra Santa: “lembroume o que aconteceu con nós, os negros en Suláfrica. Vivín a humillación dos palestinos nos postos de control e nos reténs de estrada: os palestinos padecen coma nós cando os policías brancos nos impedían ir dun sitio a outro”. O prelado anglicano ainda engadíu que “Israel nunca será un país seguro se non deixa de oprimir a outro pobo” ao tempo que criticou que nos Estados Unidos todo o que critique a política israelí sexa considerado “antisemita”. Cumpre lembrar que Desmond Tutu non só foi galardoado en 1984 co premio Nobel da Paz pola súa luita contra o réxime racista sulafricano senón que é patrocinador no seu país dun centro de conmemoración do holocausto. Quizais por iso considera incomprensíbel que sexa precisamente Tel Aviv quen leva adiante tal política de represión. En varios sentidos, estas palabras do bispo africano resultaron proféticas: cinco anos despois daquel discurso, en Outubro de 2007, a Universidade de Saint Thomas de Minnesota cancelou a conferencia que o Sr. Tutu tiña previsto pronunciar na primavera de 2008 a causa das súas declaracións “contra a política israelí”. Poucos meses antes, en Marzo de 2007 John Dugard, relator de dereitos humanos da ONU para os territorios ocupados, acusara a Israel de aplicar en Gaza e Cisxordania “práticas proprias do colonialismo e do apartheid”. Que cadaquén tire as súas proprias conclusións.
13/2/2008, 12:02 h.
Ao César o que é do César… Eu, un ninguén, concordo con vostede, don César, na frase do principio e na conclusión final, ao tempo de facerme as elementais preguntas: ¿Adestrador? ¿Deseñador? ¿Político? ¿Todo xunto? ¿Cles son as súas preferencias?
Cun nome coma o seu, ¿como se ve e/ou representa a si mesmo? Porque hai denominacións de marcarlle a un os rumbos na vida.
Simple curiosidade.
13/2/2008, 23:57 h.
Atrapado. Sen argumentos de xeito para saír do asunto, con máis pena que gloria, o dono da casa decepciona a sofisma por prágrafo.
Nada de canto di tén sustento, pero, erre que erre, repite a falsidade, que no seu caso,por contumaz a sabendas, si cumple plenamente as premisas que fan da incerteza MENTIRA.
Léase a si mesmo o autor dos tres desatinos. No primeiro amosa ao xacobinista que transporta na mente, con lobotomización ou sen ela. Escolla. Polo segundo discurre a súa ignorancia sobre a cultura ou corriente política e ideolóxica galeguista de preclaros persoeiros do PSdeG-PSOE, xa desde as primeiras eleccións democráticas. Para o terceiro punto, responde a historia e o artigo de Aymerich que o anfitrión descontento cambiou de hora e de lugar para a repetición autómata, que non o honra senón máis ben denigra.
Votar ao BNG é votar esquerda, é votar polo país, por Galicia.
14/2/2008, 00:11 h.
Río Derradeiro: No, hombre, no. Lo que pasa es que estoy muy liado y tengo otras prioridades, no en este blog sino personales, que afrontar. En cualquier caso, me remito a lo que propone para el sistema judicial gallego la UPG, que es el principal Partido de la coalición BNG (véase su propia web); que no es que lo diga yo, sino que se les escapa a ellos. Así que de falsedad, nada. Pero nada de nada.
Por tu parte, te ruego me expliques por qué consideras un “desatino” ser jacobino (y que conste que no admito serlo: pienso que Galicia es una nación, una de las que componen esta nación de naciones que es España).
¡Ah! Y no he tocado nada del artículo de Aymerich.
Votar BNG no es votar izquierda: el nacionalismo no es de izquierdas. Yo no voto en clave “país”, sino en clave “clase”. No voto por Galicia sino por los trabajadores. Es que yo soy de izquierdas.
14/2/2008, 12:42 h.
Sutil, finamente axustado á taumaturxia do poder da mentira, convincente coma a raíz e as flores do toxo, el pon os pés na terra e, por inercia, repite, coa teima dunha obcecación fea, dislocada, desnortada e, por enriba de todo, sen ningunha probabilidade de proveito; porque, ata para pedir, non sobra a elegancia.
As premisas reinantes nos siloxismos do noso blogueiro sofista derraman fortaleza, e, posto xa o pintor enriba do andaime, el agárrase firme á brocha, por se a base de sustentación, por un moi improbable casual, semellase fallar.
Prieto, vas de mal en peor; pero hoxe éche o San Valentín… ¿Que tal - para calmar -, unha brazada de percebes recén arrincados das reseiras da Costa da Morte, de Muros a Fisterra?
14/2/2008, 14:03 h.
Río Derradeiro:
Se ti pagas eses percebes, claro que deixome invitar!
14/2/2008, 16:31 h.
Langostinos imperiais
á altura deste blogueiro,
marchamo de capitán
-devoto do Zapatero-,
xa en campaña electoral
non ben nacera febreiro.
Tamén percebe imperial
ao sociata madileño,
ocurrente ao fondear,
en Ames, o seu veleiro
e, onda as rochas, mariscar
contra o Río Derradeiro.
22/2/2008, 00:12 h.
Estimado e desinformado neo-galego…
Eu diríache, “onde votar ao BNG para axudar a frear ao PP no Estado”…
En Ourense o PP sacou en 2004 3 deputados, e o PSOE soio 1.
No caso de perder un escano o PP, ten moitas mais posibilidades de conquerilo o Bloque que o segundo o PSOE…
E si non repasa os resultados das últimas eleccións na provincia e extrapola o resultado as Xerais:
Xerais 2004
PP 132.631 votos; 3
PSOE 74.636 votos; 1
BNG 26.153 votos; 0
Europeas 2004
PP 91.248 votos; 3
PSOE 52.188 votos; 1
BNG 15.736 votos; 0
Galegas 2005
PP 115.684 votos; 3
PSOE 70.251 votos; 1
BNG 37.141 votos; 0
Locais 2007
PP 104.827 votos; 2
PSOE 61.274 votos; 1
BNG 42.015 votos; 1
Ademais, nas xerais do 2004, ao PP sobraronlle 20.677 votos, e de perder o 3º, sería para o PSOE.
Nas europeas do 2004, (xa con goberno socialista en Madrid, pero co PP ainda na Xunta), ao PP sobrabanlle 12.966 votos e de perder o 3º, tamén sería para o PSOE.
Nembargantes, nas autonómica do 2005, se ben ao PP sobraronlle soio 4.261 votos, no caso de perdelo 3º, non sería para o PSOE xa, se non que sería para o BNG.
Por último, nas locais do ano pasado, xa co bipartito na Xunta, ao PP faltabanlle 21.218 votos para ter o 3º, que llo quitaría ao BNG, nementras que ao PSOE faltaronlle dista 22.756 votos para ter o 2º quitándollo ao BNG.
Conclusión, nistas xerais, se o PP perde o terceiro deputado, será porque o consiga o BNG, xa que é practicamente imposible que o conquira o PSOE…
Así que, niste caso está demostrado que, tendo o PSOE garantido un escano por Ourense, votando ao PSOE aqueles que dubiden entre o PSOE e o BNG, (circunstancia moi normal en moita xente mais coñecedora da realidade galega que tí), o único que conquiren é garantirlle o terceiro escano ao PP. Os que queiran frear ao PP, que voten ao BNG, que así cse podería consolidar o escano do BNG e evitar os tres do PP.
E por certo, compañeiro, denates de opinar por estereotipos e pola prensa, (certa prensa), coñece a realidade do entorno no que vives, fala coa xente, comproba a vida e o día a día, e logo opina polo que tí vexas, vivas e sintas, e non polo que outros escriban…