Emenda pola cibermilitancia socialista galega
Mañá temos Asemblea na miña Agrupación, como todas as do PSdeG desde hoxe e ata o próximo 1 de xuño, para propor emendas á Ponencia Marco federal e, en Galicia ademais, á Ponencia Marco do 11º. Congreso dos socialistas galegos, que terá lugar os próximos días 25 a 27 de xullo.
Para a Ponencia federal vou presentar a “Emenda Facebook” (cun parágrafo bis engadido: “A tal efecto, de su representatividad se deducirán los cibermilitantes que sean militantes de Agrupaciones municipales o locales”).
Para a Ponencia galega preparei unha emenda de adicción dun novo epígrafe 551 bis, xa que a mesma non desenvolve a figura do cibermilitante, aínda que o acometo en concordancia coa redacción prevista para o conxunto do PSOE polos epígrafes 459 a 471 da Ponencia federal, cunha única innovación: concretar ao noso ámbito a canalización da cibermilitancia a través dunha Agrupación “virtual” do PSdeG.
Esta é a miña proposta:
A sociedade galega evolucionou, e o PSdeG ten a responsabilidade de responder aos cambios que se produciron. Nos últimos anos, o Partido a todos os seus ámbitos territoriais experimentou novas formas de militancia que son referencia noutros países da nosa contorna. A importancia crecente da rede fai que cada vez máis cidadáns participen politicamente a través dela. O Partido dos Socialistas tratou de canalizar a participación dos cidadáns que se dirixiron ao PSdeG ben para facer unha consulta, ben para expresar unha opinión, ben para ser verdadeiros axentes electorais do partido. Estamos claramente ante unha nova forma de activismo político.
O certo é que existe unha nova forma de militancia política, distinta á tradicional, compatible e complementaria dela. Temos vocación de partido líder en canto a ferramenta de participación política e á vangarda no noso proxecto político e na nosa forma de traballar. Por iso o PSdeG creará a figura do cibermilitante. Modificaremos os nosos Estatutos para recoller esta nova forma de militancia cuxas principais características son o dinamismo, a interactividade e a inmediatez. Os cibermilitantes terán no PSdeG os dereitos que se lle recoñezan a nivel federal e, en todo caso, canalizarán a súa participación na vida do noso Partido a través dunha Agrupación “virtual” de ámbito nacional con órganos propios.









24/5/2008, 12:54 h.
agrupación de vilagarcía : la han rechazado
24/5/2008, 23:01 h.
Hola José Luis,
aquí cerca en la Agrupación de Teo, tuvimos la asamblea el viernes y nos hemos dejado esta semana para presentar enmiendas. Dejaré la facebook y haré una en la linea que comentas sobre cibermilitancia.
saludos
25/5/2008, 02:46 h.
[…] os apartados que antes vos citei, por si queredes realizar algunha aportación. Comentareivos que algunha xa xurdiu por aí, e que inclúe n seu blog o amigo José Luis […]
25/5/2008, 12:53 h.
Enhorabuena José Luis. A ver si llegamos ambos a Madrid el 4 de Julio.
26/5/2008, 11:07 h.
Castro Caldelas presenta a enmenda facebook
15/6/2008, 14:37 h.
En Madrid la cibermilitancia ha salido por los pelos y han votado en contra los jóvenes, no me lo puedo creer.
15/6/2008, 15:23 h.
[…] sean los más conservadores. Lo que propone el PSOE en la Ponencia Marco es muy razonable, mirar la enmienda que se ha aceptado en Galicia, una enmienda muy positiva. La enmienda que proponen muchas personas es que los cibermilitantes […]