Me llamo José-Luis Prieto, nací en Madrid en 1973, soy abogado y consultor, desde 2007, tengo familia, ingresos, vivienda y compromisos en Móstoles y La Coruña.
Soy demócrata y socialista libertario, por ese orden. Creo que la libertad debe ser efectiva para todos, que hay que garantizar la igualdad absoluta de derechos y oportunidades, y que el ser humano es social por naturaleza.
3/3/2008, 12:21 h.
Gustaríame saber se continúan en pleno exercicio eses médiums especializados na captación do voto por correo dos nosos defuntiños que non se acordaron de causar baixa certificada no Censo Electoral dalgunhas Administracións Locais da Galicia rural e vilega.
Gustaríame saber máis detalles sobre as garantías actuais do voto emigrante, confiado (deica o de agora) a determinados homes de confianza, benefactores emisarios de turno, que, mediante xogos malabares, facían medrar, en varias xeracións, o número de galegos en Hispanoamérica, particularmente no Urugay e na Argentina, onde o PP obtivo - “summa cum laudae”-, un doutoramento de escándalo.
Gustaríame saber se o clero vai respectar, nas súas homilías, as normas esixibles, por lei (sobre propaganda), ao resto dos cidadáns na véspera e no día dos comicios.
Gustaríame saber se, nas pequenas vilas, nas parroquias do interior e da costa, nos lugares, barrios, rueiros, casas e corredoiras do país continúa a exercerse a presión desvergoñada desa dereita cutre que padecemos, meténdolle á xente pusilánime e dependente o voto na man e tutelándoos ata a urna.