El autor

Me llamo José-Luis Prieto, nací en Madrid en 1973, soy abogado y consultor, desde 2007, tengo familia, ingresos, vivienda y compromisos en Móstoles y La Coruña, estoy casado y soy padre de una niña. Soy demócrata y socialista libertario, por ese orden. Creo que la libertad debe ser efectiva para todos, que hay que garantizar la igualdad absoluta de derechos y oportunidades, y que el ser humano es social por naturaleza.

El blog

Desde 2002, con este blog pretendo aportar elementos para la contrapropaganda frente al nacional-liberalismo, desde una perspectiva liberal en materia social y socialdemócrata en materia económica.

Este es un cauce para la libertad de expresión, que ejerzo consciente de las limitaciones de nuestro ordenamiento.

O BNG traizoa a Galicia

Que cada vez máis galegos sabemos que o BNG non é máis que un chiringuito de advenedizos xa estaba claro: un grupo de trepas que usan esta nación e unha das linguas que falamos como escusa, ou coartada, para os seus intereses persoais, onde as súas bases e o seu electorado non son máis que os paganini necesarios para manter o seu negocio, os peóns do seu taboleiro de xadrez. O último exemplo é particularmente indignante.

O BNG arremeteu contra o Presidente de Galicia, Emilio Pérez Touriño, cando este se plantou fronte ao modelo de financiamento das Comunidades autónomas que Cataluña quere impor ás demais.

Como di Mar Barcón, Secretaria de Organización do PSdeG, “cada euro que vai á o modelo catalán é un euro menos para Galicia”. O BNG traizóanos aos galegos porque o seu apoio ás reivindicacións da Xeneralidade de Cataluña supón adherirse a un modelo de financiamento que prexudica a Galicia. Así, o BNG subordina a defensa dos intereses de Galicia ao que se lle ordene desde Galeuscat, federación de partidos nacionalistas controlada polas formacións dereitistas CIU e PNV.

Xa só queda o PSdeG defendendo a Galicia.

13 comentarios a “O BNG traizoa a Galicia”

  1. xiabre dice:

    ¿dende cando o BNG antepuxo os intreses de Galicia ós seus propios? e que ningún salvador da patria, deses que expiden carnés de identidade galega, me veña dicir a mín que os intereses de Galicia e os do BNG son os mesmos, porque creo que demostraron máis dunha vez que non é así.
    ¡Todo é fume e que malos son os socialistas!

  2. mourimoe dice:

    Iso non é o que fai o bng. O bng pide que o estado recaude menos cartos en favor das comunidades. Desgraciadamente e certo que coma en tódolos partidos hai trepas.

    P.D: Felicidades por un gran blog. Toda a esquerda galega deberia estar máis unida por riba de calqueiras siglas. Saúdos dun bloqueiro e ánimo para parar rede ultraliberal.

  3. mourimoe dice:

    Xiabre pode que non o vexas ou o queiras ver pero os intereses do bng son os de Galicia pode que algunhas veces non o pareza pero é así. Ou acaso ti non queres que Galicia reciva máis cartos dos impostos.
    Nos non expedimos ningún carnet salvo o de militamte do bng, poderás comprobalo en algunha das multiples declaracións nese sentido de Anxo Quintana.

    P.D: Galicia non precisa ningún salvapatrias nin tanta agresividade.¿Acaso non aceptades as críticas?Quizais é o PSdeG o que antepón o que lle din en Ferraz aos intereses de Galicia.

  4. José-Luis Prieto dice:

    A diferenza radica en que os socialistas preséntanse dentro dunha opción con visión non só de país (PSdeG), senón ademais de Estado (PSOE), europea (Partido dos Socialistas Europeos) e internacional (Internacional Socialista). Nunca se ocultou.

    En cambio, resulta que os votantes do BNG realmente estaban votando a CiU.

  5. mourimoe dice:

    Entendo perfectamente que ó pertencer a unha aorganización(PSOE) presente e todo o estado teñades que defender e unirvos nuha serie de cousas, o que non entendo e como votades unha cousa(Estatut) no congreso e agora renegades dela. Teredes que asumir a vosas responsabilidades. En canto o bng e ciu, dicir que o bloque e coherente co seu voto no congreso e defende que sexa o estado o que deixe de recaudar en favor das comunidades autónomas e así ningunha perdería cartos eGalicia sairía gañando. So pedimos que as comunidades autonomas exerzan as súas responsabilidades.

  6. José-Luis Prieto dice:

    Sabes o que pasou? Que mentres os socialistas do resto de España estabamos na porta principal enfrascados nunha loita contra os nacionalistas españois defendendo un status de nación para Cataluña, pola porta de atrás os do PSC metéronnos de rondón un financiamento que creba a solidariedade que os españois debémosnos os uns aos outros.

    Por certo, que o modelo catalán será máis beneficioso para ese paraíso imaxinario e multimillonario que debe ser Galiza; pero ao que é a nosa Galicia real…

  7. mourimoe dice:

    Tanto o sistema do Estatut coma o do bng son compatibles. É certo que o estatut o trastoca todo pero non é imposible de solucionar. Tampouco gustaba demasiado a financiación no bloque pero aceptouse porque se sabía que non tiña porque prexudicar a Galicia.
    Eu coma calqueira que se considere de esquerda tamén creo na solidariedade, non so na territorial. Non sei porque dis o de Galiza porque sempre dixen Galicia e aínda que dixese Galiza non é nada imaxinario so é outro histórico nome do noso país.

    P.D:Repitote o que lle dixen a Xiabre, non hai porque poñerse así cando so expreso unha idea que, ademáis, non desacredita as túas sobre a financiación. Ambos queremos o mellor para GALICIA.

  8. Fidel dice:

    E os que sufrimos un goberno local nazonalista como en Teo, sabemos do que falamos.

  9. mourimoe dice:

    Descoñezo a situación en Teo aínda que lin algo o teu blog. Sinto que non vos poñades de acordo co grupo do bng en Teo pero iso non invalida as opinións sobre a financiación autonómica.

    P.D: desgraciadamente tódolos partidos teñen algo de merda baixo a alfombra.Por certo no teu blog dis que as eleccións serán en marzo pero cada vez máis parece que as adiantaredes a este ano por medo a crise económica.

  10. xiabre dice:

    mourimoe, eu de verdade que o intento, pero hai unha parte dentro do BNG que amosa todo o contrario, unha parte con moito peso e poder. Ti non expedirás ningún carné, pero hai compañeiros teus que xa o intentaron conmigo máis dunha vez. Sabes perfectamente ao que me refiro cando menciono o do carné, certo é que algúns coma tí hai no BNG, pero sodes minoría. Non confundas vehemencia con agresividade, hai matices, pero se tí considerás que fun agresíva as miñas desculpas.
    Manteño a miña posición (comprobada en concellos coma Meis, Cambados, Mos, etc.) de que o BNG actúa por intereses propios e non polos dos galegos.

  11. xiabre dice:

    con respecto ao adianto das elección, eu non entendo a que ven tanta cousa, aos cidadáns importanlles ben pouco as datas, tampouco é tan raro e tan dramático, ¿cantas veces foron adiantadas por calquera motivo? eu non lle vexo a relevancia ao tema….

  12. mourimoe dice:

    É certo non iporta a data. O que me parece algo reprobable é que utilicese en beneficio propio por ter medo os efectos da crise, da que por certo nin o goberno nin o PSG tedes a culpa. Ademáis é pouco probable que as perspectivas electorais varien sensiblemente.

  13. xiabre dice:

    mourime recoñece que ata o BNG o faría…claro que en beneficio propio ¡é así!, ¡non vai ser cando lle vaia mellor ao PP!

Deje un comentario

Conforme el artículo 5.1 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, se le informa de la existencia de un tratamiento de datos de carácter personal denominado "Autores de comentarios", para la gestión de los comentarios a los posts de los blogs alojados bajo el nombre de dominio jlprieto.es y autenticación de sus autorías. Se requiere registrar obligatoriamente, para que el comentario no sea automáticamente rechazado, su nombre y su dirección de correo electrónico (su dirección IP será automáticamente registrada). Es posible ejercitar los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante el responsable del tratamiento: José-Luis Prieto Martínez, Apartado de Correos nº. 9, 15780-Santiago de Compostela (La Coruña).

Puede usarse las siguientes etiquetas de programación: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

El editor del blog se reserva el derecho a no publicar los comentarios que recojan expresiones que le puedan ocasionar perjuicios judiciales, o a sustituirlas por ***. Asimismo, se reserva el derecho a no publicar comentarios que sirvan a la propaganda para cuya desvirtuación se implementa este blog.

Atención: Este post tiene alrededor de un año y medio de antigüedad. Puede revisar los contenidos del blog por si encuentra posts actualizados o nuevos que comentar.



Creative Commons License