Pepe Blanco, con bo criterio, o sábado en Bertamiráns
Hai dous bloggers galegos, chámanse Pepe e Mar, que son dous tipos con criterio, con bo criterio: ambos recomendan este blog ligándoo desde os seus. Tan bo criterio foi recompensado, con posterioridade a deixar feita dita recomendación, polos Secretarios Xerais do PSOE e do PSdeG, quen así demostraron o seu propio bo criterio, propoñéndolles, respectivamente, para Vicesecretario Xeral federal e Secretaria de Organización en Galicia.
Así que se vostede ten un blog, e ademais bo criterio, non esqueza ligalo co meu, que así algún día podería gozar da marabillosa experiencia de intervir, como eles máis o meu tocayo Méndez Romeu (Conselleiro do Goberno da Xunta) e Carlos Fernández (Alcalde de Ames), nun mitin como o que teremos no Polideportivo de Bertamiráns este sábado a partir das 20:00 h., para axudar a que Touriño sexa reelexido Presidente de Galicia.







Deje un comentario